Novas

Máis novas

Comezan as clases no Conservatorio Profesional de Música con aumento de alumnado

02/10/2020. O luns 5 de outubro dará comezo a actividade lectiva do Conservatorio Profesional de Música de Melide, adaptándose a todas as medidas de seguridade anti-covid 19 nos seus espazos. A actividade lectiva comezou no centro o pasado 21 de setembro

MELIDE 2 de outubro de 2020.- O Conservatorio Profesional de Música de Melide comezou a súa actividade o pasado día 21 de setembro e a vindeira semana dará inicio a actividade regrada. Faino, en tempo e forma, tal e como marca o calendario da Consellería de Educación de ensinanzas especiais, nas que se atopa a formación musical.

Tal e como reflexan os datos, a matrícula para o próximo curso do conservatorio municipal incrementouse no primeiro grao elemental con respecto ao ano pasado, polo que en total serán máis de 125 alumnos e alumnas os que cursen estas ensinanzas na vila.

A concelleira de Educación, María Jesús Iglesias Sánchez, recoñece “o enorme esforzo realizado por parte dos diferentes departamentos municipais, para que poida dar comezo o curso no conservatorio ao tempo que o fai o alumnado de toda Galicia”, recoñece así mesmo “o gran traballo realizado polo persoal docente e administrativo do conservatorio durante os momentos máis duros da pandemia así coma a disposición e traballo realizados polos mesmos para adaptar as aulas a esta nova realidade e tentar que as aulas sexan un lugar seguro durante este curso 2020/2021”.

O Conservatorio Profesional de Música de Melide oferta diferentes alternativas nas disciplinas musicais, no apartado de corda, impártese violín, viola, violonchelo e contrabaixo. En canto ao vento madeira: frauta, clarinete, saxo e oboe. En vento metal: trompeta, trompa, tuba e trombón. Tamén no amplo abaco de posibilidades de formación musical no conservatorio melidense atópase o solfexo, percusión, piano, armonía, guitarra, gaita, canto e acordeón.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp