Novas

Máis novas

Melide non celebrará o mercado este domingo pola situación da Covid-19

04/09/2020. O Concello fixo público un bando informativo esta mesma mañá para informar á veciñanza da prórroga da suspensión do mercado dominicalao non haber cambios significativos no número de casos activos da Covid-19 no Concello

MELIDE 4 de setembro de 2020.- O Concello de Melide vén de comunicar á veciñanza a través dun bando a non celebración do mercado ambulante deste próximo domingo 6 de setembro por mor da situación daCovid-19.

Tal e como explican fontes municipais, tendo en conta o artigo 3 do Regulamento Municipal da Venda Ambulante do Concello, no que ten o control das medidas necesarias para un desenvolvemento satisfactorio do mercado de postos ambulantes e do mercado dos días de feira e outros acontecementos extraordinarios, establece prorrogar a suspensión de toda a actividade da venda ambulante por motivo da situación que se está a xerar pola Covid-19. Engaden tamén que esta medida pódese extender en función da evolución do Covid-19 ou das directrices das autoridades sanitarias.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp