Novas

Máis novas

Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán á casa da cultura de Melide o domingo

03/01/2020. A cabalgata de Reis terá lugar na tarde do próximo domingo, 5 de xaneiro, na vila e contará con animación de rúa previa á chegada das tres maxestades, Melchor, Gaspar e Baltasar. Recibirán aos nenos nos tronos reais da casa da cultura

MELIDE 3 de xaneiro de 2020.- Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán na tarde do próximo domingo a Melide.  Esta visita está prevista que se produza en Melide ás 18h que será cando a cabalgata da vila parta do pazo de Congresos e realice un percorrido polas rúas do casco urban, dirixíndose aos tronos reais para poder recibir a todos os nenos e nenas na casa da cultura.

Este ano como novidade, os tronos reais estarán situados na casa da cultura coa escenificación dun belén vivinte no que participarán nenos e maiores, veciños e veciñas da vila. Esta recreación contará coa colaboración da Asociación Cultural Charamela de Melide.

Con anterioridade á cabalgata, Melide contará con animación de rúa para facer máis amena a chegada dos Reis Magos.

MAXIA E XINCANA DE NADAL NA FIN DE SEMANA DE REIS EN MELIDE

A programación do Nadal Cultural do Concello de Melide está chegando ao seu fin. Para esta tarde de venres está prevista a actuación de maxia de Cayetano Lledó. Con entrada de balde ás 20h na casa da cultura, o mago ofrecerá un espectáculo de teatro máxico dirixido a todos os públicos. Trátase dunha actuación baseada no teatro de variedades cunha chea de personaxes procedentes de diversas partes do mundo. Un espectáculo con temática circense cun montón de artistas invitados procedentes de diferentes partes do mundo como China, EEUU, España, Rusia, etc.

Xa na xornada de mañá sábado, no edificio multiusos de Melide terá lugar o obradoiro “Xa veñen os reis! Lanternas de reis e xincana de Nadal, que está destinado a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e 12 anos. Para poder participar nesta actividade é necesario inscribirse previamente no departamento de Cultura do Concello de Melide.

A propia xornada de Reis, o luns 6 de xaneiro ás 18h da tarde, a música de Suso de Boente e a degustación de produtos de Nadal serán os protagonistas na festa do centro social de Melide.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp