Novas

Máis novas

Os máis pequenos celebran o Samaín na escola infantil municipal de Melide

31/10/2019. Os nenos e nenas da escola municipal de Melide celebrou esta mañá unha xornada de celebración do Samaín nas súas instalacións. A concelleira de Política Social, Carmen Liñeira visitou aos participantes e compartiu mañá con eles

MELIDE 31 de outubro de 2019.- Os nenos e nenas da escola infantil municipal do Concello de Melide celebraron esta mañá a festa do Samaín, onde elaboraron colares e rosarios con castañas tan típicos destas datas e tan tradicionais tamén na nosa vila.

A concelleira de Política Social do Concello de Melide, Carmen Liñeira, achegouse ata a instalación da escola infantil municipal para compartir cos nenos e nenas esta mañá diferente que celebraron no día de hoxe.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp