Novas

Máis novas

Éxito de participación nas actividades deportivas, culturais e da 3ª idade

01/10/2019. Hoxe martes, 1 de outubro, deron comezo as actividades das escolas deportivas e culturais así como tamén da terceira idade en Melide. Este ano, superáronse todos os récords con case un milleiro de inscritos. Incorporaron novidades

MELIDE 1 de outubro de 2019.- Co comezo do mes de outubro o Concello de Melide pon en marcha as actividades das escolas deportivas, culturais e da terceira idade para este curso 2019/2020.

Así, dende hoxe martes e ata finais do mes de maio, as actividades dentro da programación destas escolas desenvolverase con normalidade e cos horarios e nos lugares establecidos polos departamentos de Cultura, Deportes e Política Social do Concello de Melide.

Este ano, serán 751 persoas as que participen nas diferentes alternativas que ofrece o Concello de Melide dentro das súas escolas deportivas e culturais e para a terceira idade. Foron 300 veciños e veciños os que se inscribiron nas diferentes actividades deportivas, 223 nas modalidades culturais e 221 nas actividades da terceiraidade.

En canto ás actividades deportivas, o abano de posibilidades este ano aumentou a 32 modalidades e a pesares do elevado número de prazas ofertadas, quedaron 53 persoas en lista de espera. Este incremento débese a que co peche temporal das instalacións da piscina municipal, a Concellería de Deportes do Concello de Melide fíxose cargo da totalidade das actividades que alí se impartían para poder seguir ofrecendo os servizos á veciñanza. A actividade deportiva que máis éxito tivo en inscricións foi pilates e na modalidade infantil o baloncesto. Destacan as novidades de xadrez con moi boa acollida e “escuela de espalda” que pese a ser primicia neste curso a matrícula está case completa.

No que atinxe ás actividades culturais, a máis exitosa é pintura que se imparte en Melide en catro grupos nas tardes dos venres e nas do sábado. A novidade neste ámbito é robótica para os máis cativos e cativas que tamén conta cun bo número de inscritos.

No correspondente ás actividades da terceira idade que na súa maioría se imparten no centro social, a actividade que conta con máis inscritos son memoria e ximnasia terapéutica.

As Concellerías de Deportes, Cultura e Política Social destacan a boa acollida que tiveron as actividades deste ano, facendo especial fincapé nas actividades novas que se incorporan este ano como por exemplo escuela de espalda ou robótica e na totalidade de matrícula, aumentando máis do doble que a matrícula do ano anterior. “Ampliamos as actividades deportivas no Concello de Melide para ofrecer á veciñanza as mesmas posibilidades coas que contaban na instalación da piscina municipal. Aínda que se trata dun peche só temporal, estamos convencidos que a práctica deportiva é saúde e benestar para os nosos veciños e veciñas, polo que mentres permanza pechada, a veciñanza poderá seguir practicando deporte con total normalidade”, apuntan dende o Concello de Melide. Ao mesmo tempo, o goberno local valor de xeito moi positivo o traballos realizado polos técnicos de cultura e deportes pola súa áxil xestión de tantas actividades e tanta demanda.

NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN

Dende o día de hoxe, e tal e como informan dende as Concellerías de Cultura, Deportes e Política Social do Concello de Melide, ábrese un novo prazo para realizar a matrícula en aquelas actividades nas que aínda hai prazas dispoñibles.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp