Novas

Máis novas

Clausura das Escolas Deportivas e Culturais do Concello de Melide a vindeira fin de semana

05/06/2019. Un ano máis e chegando ao remate do curso académico, o dto. de Cultura e Deportes clausura o curso das Escolas Deportivas e Culturais con diferentes exhibicións e demostracións do traballo realizado ao longo de todo o curso

MELIDE 5 de xuño de 2019.-  Esta fin de semana, o Concello de Melide clausura as actividades das Escolas Deportivas e Culturais do curso 2018-2019 con exhibicións das distintas modalidades.  

Durante a xornada do venres, a cita será coas escolas deportivas do Concello de Melide. A exhibición de clausura terá lugar dende ás 19h da tarde no pavillón municipal de deportes. As modalidades que realizarán exhibición esta tarde serán as actividades de ximansia terapéutica, patinaxe artístico, xogos psicomotrices, atletismo, fútbol sala en prebenxamín, benxamín e alenvín, bádminton, baloncesto, ximnasia de mantemento, hipopresivos, TRX, baile moderno e zumba.

Por outra banda, o sábado 8 de xuño, dende ás 18.30h da tarde na casa da cultura de Melide clausuraranse as actividades das escolas culturais coa exhibición das seguintes modalidades: actuación da escola de ballet, actuación da escola de teatro municipal que interpretará “Que clase máis dura”.

Será xa na xornada do domingo 9 de xuño cando se clausuren as escolas culturais de gaita, percursión e corte e confección, tamén con cita na casa da cultura melidense ás 19.30h da tarde.

O Concello de Melide continuará organizando as Escolas Deportivas e Culturais ano tras ano, xa que cada edición que se clausura son máis os veciños e veciñas que dedicen participar na vida activa da vila. A mediados do mes de setembro, o Concello de Melide abrirá de novo o prazo para poder participar nestas actividades xa para o curso 2019/2020.

EXPOSICIÓN DO ALUMNADO DE PINTURA E DEBUXO

O Concello de Melide ten aberta dende o luns a exposición que amosa o traballo realizado ao longo do curso do alumnado de pintura e debuxo, actividade que se leva cabo dentro das escolas culturais que o concello pon en marcha cada ano.

O alumnado de pintura e debuxo acude a clases cada semana, dende o mes de outubro e ata o mes de maio ao longo de dúas horas por sesión, ben no grupo dos venres ou no grupo dos sábados. Este ano, o Concello de Melide tivo que ampliar o horario da actividade debido á grande demanda por parte dos veciños e veciñas.

Ata o próximo luns 10 de xuño os veciños  e veciñas poden achegarse ata a casa da cultura na súa sala de exposicións onde poderán ver o traballo realizado polo alumnado desta actividade ao longo de todo o curso.  O horario da exposición será de 17h a 20h. O monitor da actividade é Maximiliano López. A entrada á exposición é libre e gratuita. 




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp