Novas

Máis novas

A edición de inverno do MercaMelide celebrarase o 16 e 17 de febreiro

04/02/2019. Un ano máis a feira do comercio local chega a Melide para desfacerse dos stocks de inverno. Será a edición 23 deste evento que xa está consolidado no calendario melidense e que conta con numerosas persoas que se achegan á vila

MELIDE 4 febreiro 2019.- A Feira de Oportunidades do comercio melidense, MercaMelide celebrará a súa vindeira edición os pŕoximos 16 e 17 de febreiro. Son as datas elixidas para dar paso a unha nova edición da feira de oportunidades na que os establecementos melidenses poñerán á venda os seus stocks da temporada de outono/inverno. MercaMelide chega a súa edición número 23 e seguirá sendo a mellor oportunidade para facer negocio redondo en base á calidade e prezo reducido, as dúas características definitorias desta feira de saldos xa consolidada no almanaque comercial e distintiva do comercio melidense.

A feira está organizada polo Concello de Melide e a Asociación de Empresarios da vila, ASETEM, que mantiveron unha xuntanza hai uns días con comerciantes para concretar cales serían as datas da vindeira edición. A cita será como é habitual durante os dous días da fin de semana elixida de febreiro no pazo de congresos e exposicións, onde a instalación se converte nun outlet baixo teito, nun centro comercial das rebaixas e das ofertas, xa non só  pola variedade de artigos a baixo prezo que se poden atopar, senón tamén pola oferta de ocio complementario e polo amplo horario de apertura, que en edicións anteriores era dende ás 11h da mañá e ata ás 20h da tarde.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp