Novas

Máis novas

Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán o sábado a Melide

03/01/2019. A cabalgata de Reis terá lugar na tarde do próximo sábado, 5 de xaneiro, na vila e contará con animación de rúa previa á chegada das tres maxestades, Melchor, Gaspar e Baltasar. Recibirán aos nenos nos tronos reais da igrexa

MELIDE 3 de xaneiro de 2019.-Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán na tarde do próximo sábado a Melide.  Esta visita está prevista que se produza en Melide ás 18h que será cando a cabalgata da vila parta do pazo de Congresos e realice un percorrido polas rúas do casco urbano, dirixíndose aos tronos reais para poder recibir a todos os nenos e nenas na igrexa parroquial. 

Con anterioridade á cabalgata, Melide contará cunha actuación de rúa, onde diversos zancudos, malabaristas, monociclos, camelos, alicornios, aviadores tolos, paiasos, etc…  amenizarán con música aos veciños e veciñas para facer máis amena a chegada dos Reis Magos.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp