Novas

Máis novas

Charamela celebra o seu IX Encontro Interxeneracional en Melide

13/07/2018. A Asociación Cultural Charamela de Melide celebra mañá sábado unha nova edición do seu Encontro Interxeneracional que ten na súa programación numerosas actividades: cociña, actuacións, concertos para toda a familia na vila

MELIDE 13 de xullo de 2018.- A Asociación Cultural Charamela celebra mañá sábado un novo encontro interxeneracional e con este xa van nove no que o obxetivo último é a unión de persoas con diferentes idades que poidan gozar de diversas actividades nun día de lecer en Melide.

As actividades comezarán ás 12h da mañá cun obradoiro de cociña que se levará a cabo nas instalación da casa do concello e ás 20h da tarde celebrarase unha homenaxe a Mingos, cunha exposición fotográfica na capela de San Antonio de Melide. Será ás 20.30h cando a Asociación Cultural Charamela represente a obra “ O blus de Haroldo barrenillo” e ás 21.30h celebrarase o concurso Ti si que vales coa actuación do grupo Maks Factory.  As actividades levaranse a cabo na praza do Convento de Melide e en caso de choiva trasladaranse á casa da cultura.




Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp