Instalacións municipais - Deportes
O Concello de Melide conta cunha ampla rede de infraestruturas deportivas coas que se promoven os hábitos de vida saudable entre os seus veciños e veciñas. Localizadas en distintos puntos da capital municipal e tamén nalgunhas parroquias do rural, estas infraestruturas acollen durante todo o ano actividades e programas específicos deportivos organizados dende o Concello. Estas son as instalacións municipais:
- Pavillón polideportivo municipal
O Pavillón Municipal, localizado na rúa Martagona, está integrado, entre outros, polos seguintes equipamentos:
- Pista con catro vestiarios e duchas independentes.
- Ximnasio de fortalecemento da musculatura en proceso de melloras con equipos básicos.
- Almacén de material.
- Tatami para artes marciais, usado tamén na ximnasia de mantemento e a psicomotricidade.
- Sala de usos múltiples, actualmente en fase de mellora para engadirlle unha ludoteca.
- Dúas bancadas nos laterais situados en altura e dous servizos exteriores para o público.
O uso do pavillón municipal combínase tamén coa pista polideportiva cuberta do IES de Melide. - Piscina municipal climatizada
A piscina climatizada de Melide, localizada na rúa Javier Rodríguez Pampín e xestionada actualmente pola empresa Itude, conta cunha renovada instalación de climatización e cunhas modernas instalacións.
Este equipamento municipal que ofrece os seguintes servizos:- Piscina
- Sauna
- Ximnasio
- Sala para actividades múltiples
O horario é o seguinte:- De luns a venres: 08.00 a 14.00 e de 16.00 a 23.00 horas
- Sábado: 10.00 a 13.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas
Ofrece aos seus usuarios e usuarias, entre outras, as seguintes actividades. A programación anual de cursos e actividades dirixidas esténdese do 1 de outubro ao 30 de xuño:- Cursos de natación a diferentes niveis para nenos e adultos: iniciación e perfeccionamento, natación terapéutica.
- Actividades dirixidas. O abono inclúe as seguintes disciplinas: Zumba, G.A.P., pilates, step, aerobic, ciclo indoor, zumba step, aquagym, entrenamiento en circuito, abdostreching, ximnasia de mantemento, baile moderno infantil.
- Actividades personalizadas: adestrador persoal e asesoramento deportivo.
O acceso á instalación pode facerse de diferentes xeitos:- Entradas puntuais: piscina e ximnasio / piscina, ximnasio e sauna.
- Abonos mensuais. Para xestionar a alta nos abonos precísase a seguinte documentación:
- DNI orixinal do titular do abono
- Orixinal do libro de familia ou xustificante de parella de feito, en caso de abonos familiares
- Certificado da conta bancaria ou fotocopia da cartilla
- Folla de inscrición
- 1 foto carné de cada membro do abono
- Piscinas Exteriores
A carón do río Furelos, na área recreativa que leva o mesmo nome, atópanse as piscinas descubertas do Concello de Melide con dous vasos, un para maiores e outro pensado para os máis pequenos. As instalacións contan con vestiarios, servizos e botiquín, e unha ampla zona de aparcadoiro.
A apertura das piscinas municipais exteriores ten lugar normalmente no mes de xuño e ofrecen servizo aos veciños e veciñas durante todo o verán, pechándose no mes de setembro. Está abertas todo o día todos os días durante a época estival. - Pistas Polideportivas Exteriores
O Concello de Melide conta con catro pistas polideportivas exteriores, dúas delas, na capital municipal. Neste caso, localízanse no exterior do antigo instituto e na Praza das Universidades. Ambas están equipadas con porterías e canastras e cunha bancada na zona frontal para os acompañantes dos/as nenos/as que xogan nela.
As outras dúas pistas polideportivas exteriores están localizadas en dúas das parroquias do rural melidense. Trátase da pista polideportiva de A Garea e a pista polideportiva de Furelos. - Pista Exterior de Tenis
Pista de tenis con moito espazo ao seu redor, equipada con malla protectora. Atópase ao lado da piscina climatizada e conta cun parque infantil a carón.
- Pistas de Pádel exteriores
Localizadas na Praza das Universidades, ao carón do edificio multiusos. Para facer a pertinente reserva dunha das pistas de pádel, hai que poñerse en contacto co departamento de Deportes.
- Pistas Cubertas de Pádel
Estas instalacións deportivas atópanse no interior do Pazo de Congresos e Exposicións de Melide. Trátase de dúas pistas de pádel cubertas, que garanten a práctica deste deporte durante os meses de inverno ou con adversas condicións climatolóxicas.
- Campo de Fútbol
Melide conta cun campo de herba artificial de nova xeración, con bancadas amplas e cubertas. Atópase na estrada da Agolada.
Dispón duns renovados vestiarios e bancadas para os asistentes aos partidos. A nivel do céspede conta con servizos exteriores, bancos e dous campos de fútbol equipados completamente. Ten ademais unha zona de xogos, preparada para os pequenos/as e un sistema de rego por canóns preparado para buscar o aforro de auga.