Novas

Máis novas do Concello de Melide

A oficina de Turismo de Melide recibe preto de 17.000 visitas nos últimos seis meses

No último trimestre do ano, aínda que as visitas descenderon, a oficina de Turismo de recibiu case 4.500 visitas
BalanceOficinaTurismoMelidep
29/12/2017. A oficina de Turismo fai balance das visitas que se realizaron nos últimos meses as súas instalacións. O dato que se desprende deste pequeno estudo é que un total de 16.817 persoas foron as que se achegaron ata esta oficina para interesarse por Melide, a súa gastronomía e o seu patrimonio cultural e arquitectónico.

Cara finais de ano, tal e como informan as técnicas de Turismo do Concello “notouse un descenso considerable de visitantes, pero apreciamos que os que se achegaban tiñan máis tempo para o seu percorrido pola vila, non como sucedía cos peregrinos no mes de xullo ou agosto, cando chegaban máis apurados buscando albergues onde pasar a noite, debido a alta afluenza de visitantes”.

Tal e como se reflexa no balance que se deu a coñecer por parte das técnicas de Turismo do Concello de Melide, o mes de menor afluenza foi decembro, con 218 visitantes, seguido de novembro con 777, xullo con 2.653, outubro 3.502, agosto con 4.493 e setembro, o mes de máis visitas con 5.147.

No último trimestre visitaron a oficina de Turismo de Melide un total de 4.497 persoas, notándose un descenso de visitantes a finais de ano e un repunte de peregrinos no mes de outubro, cando mesmo se superou a cifra do mes de xullo.

Dalia García, alcaldesa de Melide amosábase orgullosa das cifras que se acadaron xa que “reflexa que a xente se interesa por coñecer a nosa vila”. “Dende o Concello de Melide fixemos este ano un esforzo contratando tres técnicas de Turismo, cando antes só se contrataban dúas, pero decidimos reforzar este servizo debido ao incremento de visitantes a Melide que se ven notando dende o ano pasado”, explicaba a rexedora.

Éxito do bus turístico Dende o Concello de Melide facíase especial fincapé no éxito que tivo o bus turístico que dende a concellería de Turismo se puxo en marcha durante os meses de xullo, agosto e setembro. Foron milleiros de visitantes os que se subiron a el para coñecer non só a riqueza paisaxística e arquitectónica de Melide senón tamén da Comarca e dos concellos limítrofes.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp