Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melloras lumínicas na Avenida de Lalín e na Rúa San Cosme de Melide

29/10/2016. O Concello vén de levar a cabo unha mellora na eficiencia enerxética en 2 puntos moi transitados da vila, na Avenida de Lalín, saíndo do casco urbano da vila e na Rúa San Cosme e outras co fin de seguir co proxecto de eficiencia enerxética que se iniciou no ano 2015.

A Avenida de Lalín xunto coa Rúa San Cosme e outras adxacentes son as rúas melloradas lumínicamete cunha subvención de mellora enerxética levada a cabo polo goberno local grazas a unha subvención do INEGA. Grazas a esta subvención se pode proceder a diminuír un 35% na factura do luz ademais de mellorar considerablemente tanto para viandantes como para condutores a visibilidade nas zonas afectadas. Un investimento de preto de 24.000 euros que prosiguen a política do goberno local a hora de rematar áreas de Melide que ata momento utilizaban outra tecnoloxía máis contaminante e menos eficiente para prestar o mesmo servizo.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp