Novas

Máis novas do Concello de Melide

O Concello de Melide instalará dez novos contenedores de vidro para mellorar a reciclaxe de resíduos

Trátase dunha mellora integral do servizo, xa que, por unha banda, se remplazan algúns contenedores que se encontran en mal estado e, por outra, haberá novos puntos de recollida no rural melidense, optimizando, deste xeito, a política medioambiental
NovosContedoresVidroMelidep
28/02/2017. O Concello de Melide instalará na próxima semana dez novos puntos de recollida de vidro en varios puntos de Melide (casco urbano) así como tamén no rural incrementando así os contenedores habilitados para a reciclaxe deste material. Dende o Concello de Melide, estase a traballar para mellorar as liñas de actuación medioambiental, e así o expresa a súa alcaldesa, Dalia García.

A rexedora avanza que "queremos sensibilizar a poboación da importancia de ter actitudes responsables de cára ao medioambiente. Sendo un pequeño xesto o da reciclaxe de vidro e aceites, convértense en pasos moi grandes para contribuír a educación dos máis cativos e cativas da vila aprendendo a realizar a separación do lixo e posterior depósito naquel contenedor habilitado ao efecto. Así as cousas, en colaboración con EcoVidro e coa Consellería de Medioambiente instalaranse nas próximas semanas dez novos puntos de recollida de vidro instando á veciñanza a utilizalos e incrementar a recollida de toneladas de vidro na vila.

Por outra banda, actuarase tamén na recollida de aceites de cociña usados. Haberá tres novos puntos de recollida, ademais de instalar no Punto Limpo de Melide un lugar específico para a recollida de envases de aceite usados de máis capacidad eco fin de contribuir a elevar a cantidade de litros reciclados ao ano. Melide recolleu durante o ano 2016 un total de 2.600 litros aproximadamente, o que significa que aínda hai moito que mellorar pero cada vez máis a veciñanza é máis consciente da importancia do reciclaxe.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp