Novas

Máis novas do Concello de Melide

O goberno local pide que a Oficina do Peregrino rectifique as credenciais que non sitúan a Melide na ruta do Camiño Francés

A alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, subliña que algúns dos Concellos representados na Mancomunidade do Camiño Francés se encontran na mesma situación sen explicación racional dos cambios na Compostelana
CredenciaisCaminoFrancesMelide
Melide é unha das vilas con máis patrimonio artistico e de importancia sinalada das etapas do Camiño de Santiago no seu percorrer ata Compostela.

Sen embargo, os cambios nun dos documentos mais emblematicos do Camiño, a credencial do peregrino, xa non recolle na edición do ano 17 a Melide como vila de parada no percorrido sinalado neste documento.

A alcaldesa de Melide expresou o seu malestar por este aparente erro ante a Oficina do Peregrino, entidade que se encarga en exclusiva da impresión destos documentos sen recibir ata o momento ningunha contestación ou explicación ao respecto.

Para García este cambio na ruta francesa, onde ademais de Melide están outras vilas que estaban anteriormente sinaladas e que agora non aparecen referenciadas, non responde a ningún criterio xustificable, xa que Melide ten unha importancia fundamental no percorrido cara Compostela, boa mostra de elo é o incremento anual de peregrinos que recibe Melide.

Por outra banda, o testimonio de Melide nun documento de distribución mundial que o ano pasado chegou a preto de 300.000 mil exemplares supón un claro prexuízo cara o turismo da zona ademais de que non é entendible, xa que na ruta primitiva, menos coñecida sí ten a Melide como punto de referencia xeográfica.

Dende o goberno local subliñan a importancia de que Melide esteña representado nun documento destas características e insta a autoridade competente neste eido que se tomen as medidas oportunas para que se subsane este erro no menor prazo de tempo posible.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp