Novas

Máis novas do Concello de Melide

A campaña do Centro de Transfusión de Galicia 'Doar saúde-Doar Sangue' convértese máis doce en Melide

A unidade móbil estará na vila tanto o venres 28 coma o sábado 29 de abril. O Concello xunto coa Asociación Melide Terra Doce reparte ricos, melindres e améndoados para todas e todos os que se acheguen ao autobús que se localizará no Cantón de San Roque para doar sangue.
DoazonsSangueMelidep
27/04/2017. O Concello de Melide xunto coa Asociación Melide Terra Doce colaborará de novo co Centro de Transfusión de Sangue a nivel Galicia co fin de promocionar entre o público doante a XXVI edición da Festa do Melindre e da Repostaría Tradicional. Todos aqueles que acudan a doar entre as 10.00-14.00 h e as 16.00 – 21.00 h o venres 28 e de 10.00 a -15.00 h o sábado 29.

Esta é unha campaña en palabras da Alcaldesa de Melide que ademais de promocionar a XXVI edición da Festa do Melindre achega produtos moi nutritivos e naturais feito por moito agarimo polos reposteiros de Melide a un publico solidario, concienciado coa saúde. Melide repartirá durante esta campaña de doazón doce tradicional por toda a xeografía galega. A concellería de Turismo apoia con esta iniciativa un acto solidario vinculado cos mellores produtos tradicionais.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp