Novas

Máis novas do Concello de Melide

“Menú da Fala” chega a Melide mañá domingo na Casa da Cultura

26/11/2016. O Concello de Melide acollerá mañá o espectáculo de “Menú da Fala” ás 19.30 h na Casa da Cultura de xeito gratuito. Este espectáculo está incluído no Outono Cultural da Deputación da Coruña, que oferta a Melide con esta actividade para o serán do domingo.

A Casa da Cultura de Melide acollerá mañá ás 19.30 h do serán o espectáculo dos artistas galegos Luis Davila e Carlos Blanco coa función “Os dous de Sempre”. Será gratuíto con entrada de balde, que se puido recoller no Edificio Multiusos da vila en horario de 16.00 -22.00 h xoves e venres co único fin de controlar aforo para 300 persoas.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp