Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melloras no parque da Urbanización As Granxas en Melide

Os traballos de mellora terán unha duración dunha semana aproximadamente. O custo das obras ascende aos preto de 7.000 euros
AsGranxasConcelloMelidep 25/10/2017. O Concello de Melide, dende o seu departamento de Obras e Servizos, realiza estes días melloras de acondicionamento do parque situado na Urbanización As Granxas, as aforas do centro melidense, ao carón da Galiña Azul da vila.

Entre as melloras que se están realizando no parque desta urbanización, atópase o acondicionamento dos paseos interiores que estaban en canto rodado e que agora pasan a ser formigonados. En palabras de Rosa Cabado, concelleira de Obras e Servizos do Concello de Melide “deste xeito mellorarase o tránsito de bicicletas e patíns dos cativos e maiores que fan uso deste parque así como tamén de cadeiras de rodas ou carriños de bebés, mellorando así a accesibilidade ao parque”.

Unha empresa externa ao Concello de Melide é a encargada de realizar estas obras que teñen un orzamento de case 7.000 euros e que serán rematadas no prazo dunha semana.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp