Novas

Máis novas do Concello de Melide

A Agrupación de Protección Civil de Melide recolle a Medalla de Ouro ao servizo voluntario

A alcaldesa de Melide, Dalia García, e edil María Jesús López asistiron ao acto de entrega na Estrada na Axencia Galega de Seguridade. O xefe de protección civil na vila, Juan Curros, recibíu o galardón que recoñecen o labor de todos os voluntarios do concello.
PremioProteccionCivilMelidep
26/03/2017. A asociación de voluntarios de Protección Civil de Melide foi unha das escollidas pola Dirección Xeral de Emerxencias para recoller un dos galardóns máis prezados, a Medalla de Ouro aos 25 anos da súa existencia. O acto desenvolveuse na Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp) e o xefe da agrupación, Juan Curros, recibíu este recoñecemento nun acto ao que tamén asistiron a alcaldesa de Melide, Dalia García Couso, e a concelleira de Benestar, María Jesús López Mourón.

Melide e a súa Protección Civil atenden de maneira voluntaria múltiples incidencias en temporais, accidentes de tráfico, apoio aos eventos, busca de desaparecidos...entre moitas outras accións, que sexan unha das asociacións máis valoradas pola vila.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, apuntou que "para un pobo é fundamental contar cunha asociación de Protección Civil que acude voluntariamente e de maneira totalmente altruísta a cada chamada que se lle fai ante un problema onde moitas veces temos vidas en xogo". Así mesmo, subliña que ese labor xa foi recoñecido pola propia sociedade e mais polo Concello de Melide, que xa ten entregado este galardón a Protección Civil o día de San Pedro, día de Melide.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp