Novas

Máis novas do Concello de Melide

O Concello de Melide recibe trinta contenedores do lixo por parte da Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia

22/12/2016. O Concello de Melide vén de recibir por parte da Consellería de Medioambiente trinta novos colectores do lixo logo de facer un inventario das necesidades de recambio de colectores ou novos puntos de recollida para adecuarse a novas necesidades veciñais.

O Concello de Melide vén de recibir trinta colectores orgánicos do lixo de gran capacidade para proceder ao recambio das necesidades detectadas cando se procedeu a efectuar a petición ante a Consellería de Medioambiente da Xunta de Galicia. Logo do estudo da instancia, o concello recibíu esta semana os trinta colectores para mellorar considerablemente a recollida do lixo a nivel municipal dotando de novos puntos e podendo facer unha mellor reorganización dos mesmos atendendo as necesidades de cada punto de recollida no casco urbano así como a reorganización nas parroquias.

A recollida do lixo e a limpeza viaria é un dos servizos onde o Concello de Melide invirte unha boa parte do seu gasto corrente polo que é un servizo ao que se lle esixe unha eficiencia máxima en aras dun mellor tratamento medioambiental e incentivando a mellores aptitudes cívicas coa dotación de novos contenedores.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp