Novas

Máis novas do Concello de Melide

A Gardería Municipal dótase de novo material cun investimento de preto de 8.000 euros

22/12/2016. A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto coa concelleira do ramo, M. Jesús López, visitaron hoxe as instalacións da Gardería Municipal situada na Rúa Martagona para comprobar de primeira man a adquisición do novo material.

A gardería pública de Melide dotouse de novo material electrónico e didáctico cun valor total de preto de 8.000 euros que teñen como finalidade mellorar a instalación e o servizo. Ordenadores e pantalla para material informático, tablets para apps infantís ou material educativo e didáctico xunto con inmovilizado (novos berces e mobiliario adaptado para nenos e nenas) son algunhas das melloras que se poideron adquirir dende o Concello de Melide para dotar a este servizo municipal.

Unha actuación subvencionada pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ao que o Concello de Melide concursou coa petición de mobiliario e material inventariable co fin de poder prestar unha mellor docencia e servizo, moi personalizado como poideron comprobar tanto a rexedorá melidá Dalia García como a concelleira de benestar social, M. Jesús López na súa visita ao centro esta mañá.

Os nenos e nenas xunto coas educadoras familiares aproveitando estas xornadas lúdicas antes do Nadal desfrutaron no obradoiro de doces e galletas sendo todos uns mini chefs por un día.

Foto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp