Novas

Máis novas do Concello de Melide

Ocio Nadal Melide 2016 oferta actividades infantís para todos os gustos

22/12/2016. Ocio Nadal Melide 2016 é o programa de Nadal que encherá de ilusións o Palacio de Congresos de Melide ata o día 1 de xaneiro de 2016. Trátase dun parque temático onde nenos e familias poderán desfrutar de atraccións así como dunha pista de xeo sintética.

Entre a ampla programación de Nadal que oferta o Concello de Melide encóntrase Ocio Nadal 2016, un evento de corte infantil e familiar que terá lugar no Palacio de congresos de Melide durante a semana vindeira e que ofertará multiples opcións lúdicas para todos os que queiran achegarse. Saltamontes, cabaliños, rocódromos, aerobaby así como talleres de maquillaxe, globoflexia ou contacontos serán algúns dos complementos aos que se poderá acceder ao recinto cun horario de 16.30 a 20.30 h.

Neste recinto tamén estará incluído unha pista de xeo sintética totalmente ecolóxica cuxa entrada será de 3 euros por 25 minutos de patinaxe incluídos o alugueiro dos patíns. Por outra banda, a entrada con dereito a acceder ao recinto será de 5 euros por catro horas ininterrumpidas de acceso ás demáis atraccións, tendo o día un de xaneiro un desconto especial para todos aqueles que se acheguen ao Palacio de Congresos da vila.

Como día especial, mañá e pasado todos aqueles nenos e nenas que o desexen poderán deixarlle ou pedirlle a Papá Noel os seus desexos xa que tamén estará no recinto. As pistas de pádel e o parque cuberto do Palacio de congresos terá un acceso totalmente gratuíto independentemente do acceso ao parque temático Ocio Nadal 2016.

Dende o Concello de Melide, a súa alcaldesa, Dalia García, subliña a importancia de ter unha vila con diferentes opcións de tempo libre que poden desfrutar os cativos e cativas do lado da casa e comarca sen necesidade de desprazarse longas distancias cara zonas comerciais urbanas. Por outra banda, convida a todos aqueles que o desexen a participar no evento así como desfrutar de todas e cada unha das actividades culturais que se programan durante todo este Nadal 2016.

Foto de la noticia
Foto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp