Novas

Máis novas do Concello de Melide

'Cultura no Camiño' trae ao municipio de Melide tres actuacións culturais durante os meses estivais

A alcaldesa melidense, Dalia García, achegouse ao Museo das Peregrinacións para asinar o convenio de colaboración coa Consellería de Cultura polo cal se desenvolverán as actividades dentro deste programa. A subvención para actividades culturais ascende a un total de 2.500 euros.
CulturaNoCaminoMelidep
22/04/2017. A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de facer o acto de presentación do programa Cultura no Camiño do que Melide se beneficia cun investimento subvencionado de 2.500 €. Teatro, Música e arte en xeral son as disciplinas que a Xunta de Galicia en colaboración con Turismo, AGADIC e o Xacobeo poñen a disposición dos Concellos.

No caso do Concello de Melide, que leva anos colaborando con esta iniciativa dende a Concellería de Cultura e Deportes, ao cargo da cal se atopa Dolores Gómez, xa que é un municipio onde a ruta xacobea ten dúas vertentes, acollerá tres actuacións das que hai cumprida información no departamento de cultura do concello. Son actuacións para público infantil e familiar coa intención de divulgar a nosa tradición cultural e musical a través do dinamismo turístico.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, desprazouse ao Museo das Peregrinacións para o acto de recepción e a sinatura do convenio. En palabras da rexedora melidá, a cooperación entre as diferentes administracións en materia cultural fai fincapé co mesmo espiritú do Camiño de Santiago, trasmisor de valores históricos e patrimoniais.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp