Novas

Máis novas do Concello de Melide

Inauguración do Viveiro de Empresas de Melide o vindeiro mércores 26 de outubro

20/10/2016. Nesta xornada contará coa presenza dos directivos da Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, ao acto están tamén convidados todos os alcaldes da comarca, recordando por parte do Concello que dita infraestrutura actuará de antena cameral.

O vindeiro mércores día 26 de outubro o Concello de Melide inaugurará oficialmente o viveiro de empresas cuxo investimento se executou con cargo a fondos europeos en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e a Fundación de apoio ao empredemento Incyde. Ao acto de inauguración asistirán o Presidente de Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, a alcaldesa de Melide, Dalia García así como alcaldes e institucións da Comarca xa que dita infraestrutura actuará como antena cameral e dinamizadora de proxectos na comarca.

O Concello de Melide aprobou xa a ordenanza reguladora do viveiro de empresas, un local situado no Edificio Multiusos da Vila que conta cunhas instalacións de última xeneración para o asentamento de emprededores. A rexedorá melidá mostrase moi satisfeita coa posta en marcha desta infraestrutura sempre da man da cámara de Comercio de Santiago de Compostela, institución coa Melide asinará un convenio e contará coa súa cumprida experiencia neste tema.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp