Novas

Máis novas do Concello de Melide

Ximnasia de mantemento nas parroquias do Rural Melidense

20/10/2016. O Concello de Melide ven de poñer en marcha a través da súa concellaría de Deportes, ao fronte da cal está a popular Dolores Gómez, una serie de actividades nas parroquias co fin de dar maiores posibilidades a poboación rural de prácticar deporte de maneira fácil e cercana.

O departamento de deportes ven de levar a cabo varias xornadas de iniciación a ximnasia en varias parroquias do rural melidense, en Maceda, Grobas, Campos, Furelos ou Grobas onde se práctican exercicios de iniciación a ximnasia de mantemento de maneira gratuíta entre as poboación rural. Con esta iniciativa, posta en marcha xa en anteriores campañas o que se crea son lazos de participación e a construcción de comunidades así como de asociacións no ámbito rural. A súa vez, tamén se incide na importancia de levar a cabo unha vida saudable incitando a un exercicio suave monitarizado de maneira semanal.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp