Novas

Máis novas do Concello de Melide

445 horas máis de atención a dependentes en Melide

19/11/2016. O Concello de Melide incrementa 445 horas de axuda a dependentes o que supón un total de 2622. Esta ampliación supón, segundo indican dende a Concellaría de Servicios Sociais, una suba do servizo en algúns casos e nove novas altas no servizo.

O Concello de Melide ven de asinar a modificación do contrato de axuda a domicilio cun incremento de 445 h de axuda a dependencia o que supoñerá un total de 2622 h asignadas a este novo servicio. Unha vez analizadas as necesidades polas traballadoras sociais do Concello de Melide esta revisión a alta supón un total de nove usuarios de nova incorporación xunto co incremento do servizo doutros usuarios que xa estaban no sistema de axuda a domicilio e que agora, están valorados como dependentes.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, xunto coa concelleira, M. Jesús López Mourón, subliñan a importancia deste tipo de liñas de axuda aos concellos por parte da Consellería de Política Social, xa que as necesidades son moitas e é a administración local a que debe cubrilas aliviando as familias con servizos e axuda a domicilio ou atención personalizada á dependencia. Este será o terceiro incremento a alza nas horas adxudicadas á dependencia o que dá conta da boa saúde dos servizos sociais deste Concello.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp