Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melide súmase a campaña de aforro na facturación eléctrica

19/11/2016. O Concello de Melide dará unha charla informativa na sala de conferencias do Edificio Multiusos da vila o día 1 de decembro para chegar a diminuír ata un 75% na facturación da luz. Todos os veciños e veciñas de Melide están convidados a asistir de maneira totalmente gratuíta.

Unha campaña de consumo responsable e informativa chega a Melide o día 1 de decembro, xoves, a sala de Conferencias do Edificio Multiusos da vila. “Dálle luz a túa factura” é unha iniciativa de divulgación, formación e sensibilización que pretende achegar á cidadanía melidense o contido do recibo eléctrico xunto con consellos para aforrar na propia factura.

Os obxectivos principais son facilitar a comprensión da factura da luz utilizando unha linguaxe comprensiva para o cidadán. Por outra banda, daranse a coñecer os dereitos que nos asisten como consumidores eléctricos así como a exposición dunha aplicación móvil que permite resolver as dúbidas máis frecuentes. O xoves día 1 de decembro estará a disposición de todos os veciños e veciñas de Melide de forma gratuíta gracias a colaboración do instituto enerxético de Galicia.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp