Novas

Máis novas do Concello de Melide

A final de Xuventude Crea 2016 celebrase mañá en Melide

18/10/2016. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado desenvolverá mañá a partires das 00.00 horas na sala melidense Factory Room a final do certame Xuventude Crea 2016. A Directora Xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, acudirá ao evento.

O Concello de Melide será sede do certame artístico “Xuventude Crea 2016” que terá lugar mañá na sala melidense “Factory Room”. Serán seis os grupos finalistas deste certame que organiza a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia e que escolleu a vila de Melide para levar adiante dita final. Ao acto asistirán a Directora Xeral de Xuventude, Cecilia Vázquez, a alcaldesa de Melide, Dalia García, así como a concelleira de Xuventude, Yolanda Pérez, xunto con outros membros do goberno local.

“Xuventude Crea” é un certame artístico que premia ao talento anual de mozos e mozas Galegos que con ideas innovadoras en diferentes eidos artísticos incentiva a creatividade e a independenza de proxectos galegos nacidos entre a mocidade.

Pola súa banda, a alcaldesa de Melide, Dalia García, agradece que Melide fose escollida para levar a cabo a fase finalista do concurso así como o emprazamento, unha sala de traxectoria na hostalería melidense e que capitanea tamén un mozo emprendedor como outros moitos proxectos na vila de Melide.

Foto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp