Novas

Máis novas do Concello de Melide

O Concello de Melide repartirá máis de 2.500 euros en premio no Entroido

O prazo xa está aberto para todos aqueles que queiran participar
18012018BasesConcursoEntroidop
18/01/2018. O Concello de Melide realiza estes días melloras na instalación da piscina municipal descuberta instalada na Área Recreativa do Río Furelos.

A data para este evento está fixada para o martes de Entroido,13 de febreiro e os interesados en participar terán que facer a súa inscrición no departamento de Cultura do Concello de Melide ata as 14h do mediodía do propio martes 13 de febreiro. Ao mesmo tempo, e como acontecía anos anteriores, tamén poderán inscribirse a mesma tarde do concurso en horario de 16:30h a 17:00h no Cantón de San Roque, sempre que non chova, de impedilo as condicións meteorolóxicas esta inscrición poderá realizarse no Cantón de San Roque.

Máis de 2.500 euros en premios
Establécese un total de 2.650 euros en premios que se repartirán do seguinte xeito: nas comparsas formadas por máis de oito persoas, o primeiro premio estará dotado de 1.000 euros e o segundo de 700 euros. Para os grupos , formados de tres a oito persoas, o primeiro premio será de 400 euros e o segundo de 300 euros. Na categoría de individuais e parellas, o primeiro premio será de 150 euros e o segundo de 100 euros.

Dende o Concello de Melide deixan claro nas súas bases que os menores de idade non poderán participar na categoría individual e parellas de non ir acompañados dun adulto.

Xurado
O xurado do concurso será nomeado por decreto de alcaldía e estará formado por membros de asociacións e entidades do Concello de Melide, ou persoas vinculadas ao mundo da cultura e das tradicións.

Outras actividades
A maiores do concurso de Entroido, o Concello de Melide traballa nas actividades que conformarán a programación desta celebración na vila e que fará público en vindeiras datas.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp