Novas

Máis novas do Concello de Melide

A Orquestra de Cámara de Galicia conquista Melide

17/12/2016. O conxunto, dirixido por Rogelio Groba, deleitou ao público melidá que onte asistíu ao concerto que tivo lugar na Casa da Cultura da vila, co galo da proximidade do Nadal. O auditorio estaba ateigado de veciños que non se quixeron perder esta actuación.

Foto de la noticia

O auditorio melidá acolleu onte unha das súas actividades culturais máis agardadas, o concerto de Nadal 2016 a cargo da Orquestra de Cámara de Galicia. Os asistentes que ateigaron a meirande parte das butacas da Casa da Cultura desfrutaron a cargo dun concerto que contou entre o seu repertorio pezas dos grandes compositores da música clásica.

Entre as pezas interpretadas en conxunto tamén houbo tempo de solos a cargo do director e da violinista melidense, Sara García, quen desenrola agora os seus estudos noutro centro educativo pero que naceu como profesional no Conservatorio profesional de música de Melide.

Ao acto asistiu a alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada de membros do seu goberno como a concelleira de cultura, Dolores Gómez, M. Jesús López edil de traballo e benestar e Rosa Cabado, concelleira de servizos e obras. O voceiro do BNG tamén estivo presente no acto.

A rexedorá melidá aproveitou a ocasión para felicitar ás festas do Nadal ao alí asistentes así como convidalos a desfrutar da ampla programación cultural que ten a vila ao logno de decembro e xaneiro.

Hoxe mesmo inaugurase a xa tradicional feira de produtos de Nadal do GDR, ás 17.30 h así como o concerto de panxoliñas a cargo da Coral Polifónica da vila ás 20.00 h na Casa da Cultura.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp