Novas

Máis novas do Concello de Melide

“Manxares”, a feira agroalimentaria de produtos do GDR reúne en Melide a preto de vinte expositores

17/12/2016. O Cantón de San Roque será hoxe o escenario idóneo para adquirir produtos de primeira calidade, moitos deles nacidos de negocios familiares tratados de forma artesá e con clara vocación de sustentabilidade medioambiental.

Hoxe ás 17.00 h abre as súas portas no Cantón de San Roque “Manxares”, unha iniciativa que xurdiu do Grupo de Desenvolvemento Rural Ulla-Tambre-Mandeo 20 co fin de poñer en valor o territorio e a riqueza do sector terciario procedente do rural e dos sectores primarios. Preto de vinte expositores daránse cita esta tarde e maña pola mañá en Melide amenizados con actividades para todas as idades, dende contacontos para o público infantil ás 18.00 h así como degustación gratuíta de castañas.

Mañá domingo a feira abrirá as súas portas novamente para agasallar os máis pequenos cun obradoiro de filloas a cargo da máquina filloeira de Lestedo, con degustación gratuíta de filloas tamén para todo aquel que desexe visitar a feira. No programa tamén se contempla a animación musical a cargo de “Froito Novo”, agrupación de música tradicional. Aceite artesá, cerveza galega, sidra de Noia, xeado xenuinamente elaborado en Galicia, así como vinotecas que achegan os mellores vermús galegos ou panaderías tradicionais serán algúns dos produtos que se poderán adquir no recinto do Cantón de San Roque.

Entre os consumidores, o domingo ás 14.00 h sortearase unha cesta con produtos dos propios stands. A alcaldesa de Melide, Dalia García, inaugurará hoxe ás 17.30 h a Feira, acompañada da Conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez quen, como presidenta de todos os GDR de Galicia, visitará os stands.

Foto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp