Novas

Máis novas do Concello de Melide

Concello de Melide e ASETEM organizan un curso de e-commerce en colaboración coa cámara de comercio de Santiago de Compostela

15/10/2016. Será o vindeiro 15 de novembro, de 10 a 14 h terá lugar na aula de formación da Asociación de Empresarios, sendo a inscrición gratuíta. O curso está aberto a comerciantes e ao público con interese en formarse nas novas tecnoloxías e plataformas de venda online.

O Concello de Melide e ASETEM en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela levarán a cabo unha xornada formativa sobre unha temática moi importante e que está en auxe no comercio, as plataformas de venda de produtos en internet. Gracias a esta colaboración coa entidade cameral, tanto o comercio local como o público interesado nesta tecnoloxía poderá asistir de maneira gratuíta a esta xornada que terá lugar o día 15 de novembro en horario de mañá.

As inscricións poderán facerse efectivas na sede de asetem ou tamén no departamento de orientación laboral do Concello de Melide en horario de luns a venres ata completar o límite de prazas.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp