Novas

Máis novas do Concello de Melide

Comezan as obras de arranxo da cuberta da Casa do Concello de Melide

14/10/2016. O Concello solventará as humidades que tiña a casa consistorial xa que pervive coa súa primeira cuberta despois da ampliación dos anos 90. 60.500 € que van permitir ter unha cuberta en óptimas condicións e que contribuirá a aumentar a eficiencia enerxética.

Vista a necesidade de mellora de cuberta na casa consistorial melidense, o goberno local adica 60.500 € para acometer esta mellora debido ao estado que presenta actualmente. A cuberta foi sufrindo diversos cambios logo das ampliacións existentes que supuxeron un desgaste nas tellas e urelitas da cuberta que xa ten a súa antigüidade.

A Consellería de Presidencia, tal e como prometera o conselleiro, Alfonso Rueda, na súa visita a localidade melidense e o seu despacho con Dalia García, financiará 45.000 € deste proxecto, e o restante sairá das arcas municipais. Con esta actuación que a rexedora melidá asegura que é moi necesaria polos problemas de goteiras e humidades quedarán resoltas o cál cambiará a eficiencia enerxética do edificio ademáis de solventar eivas en determinados departamentos sobre todo na parte nova do Concello. Agardase que as obras estean finalizadas a fin de mes.

Foto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp