Novas

Máis novas do Concello de Melide

Dez pistas arranxadas gracias ao Plan Marco de Camiños en Melide

14/10/2016. O Concello de Melide ven de executar melloras no acceso á explotacións gandeiras en varias pistas de Melide, en concreto dez vías do rural vironse beneficiadas por esta acción do goberno local.

O Concello de Melide ven de certificar dez pistas en diferentes puntos do rural melidense gracias a execución do plan de mellora de acceso a explotacións e cortes gandeiras que financia AGADER e que permitiu que varias parroquias melidenses se viran beneficiadas do mesmo. Teillor e Mirce na parroquia de Moldes, Penagundin en O Meire, Agüeiros, Zaramil, San cosme, Gillar e Sucarreira na parroquia de San Salvador, Gende en Folladela ou a Veiga en Campos son as pistas que se melloraron en varias parroquias do rural.

O goberno local amosa así a súa satisfación ao mellorar o firme nesas parroquias nun medio que é fundamental como o sector primario da economía que debe contar cunhas infraestruturas viarias adecuadadas para desenrolar a súa actividade no medio rural. A alcaldesa de Melide, Dalia García, dí seguir nesta liña de traballo de mellora das comunicacións que son fundamentais para unha equiparación igualitaria entre o medio rural e o núcleo urbano.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp