Novas

Máis novas do Concello de Melide

A ponte de Furelos, proposta como monumento a restaurar no marco do programa de Fomento para o Camiño de Santiago

12/12/2016. A alcaldesa, Dalia García, reuníuse con técnicos de Fomento e Patrimonio nunha xuntanza na sé da Axencia Galega de Turismo de Galicia para analizar o proxecto proposto pola empresa gañadora do concurso de ideas para restaurar a emblemática ponte.

Foto de la noticia

A alcaldesa de Melide reúnese con técnicos de fomento, patrimonio e o Xerente do Xacobeo para analizar a proposta realizada pola empresa gañadora do concurso de ideas para a rehabilitación integral da Ponte Románica de Furelos. Trátase dun proxecto que engloba a restauración integral, limpeza da maleza existente, retirado das lousas de granito non orixinarias así como a pavimentación de parte do firme do Camiño de Santiago xunto coa creación dunha mini área de descanso e mirador dende o cál poder fotografiar a ponte.

Estas son algunhas das propostas, xunto coa sinalización pertinente, a petición da rexedora melidá do que é a propia ponte, xa que se considera un elemento orixinario da parroquia de Furelos, emblemático dentro do Camiño de Santiago na súa ruta francesa que debemos coidar e poñer en valor. Segundo trascendeu logo da xuntanza, o espiritú que rexe o proxecto é o de devolver a ponte ao seu estado orixinal coñecido, utilizando materiais dos máis acordes co entorno e co elemento arquitectónico en sí.

Nos próximos meses abrirase o concurso para a contratación da obra, logo da redacción definitiva do proxecto e da obtención dos pertinentes permisos sectoriais. Dende fontes municipais, amosase un especial interese nesta obra financiada polo Ministerio de Fomento tanto pola súa trascendencia urbanística como por ser un elemento dos máis fotografados por aqueles que percorren día a día o camiño cara Compostela.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp