Novas

Máis novas do Concello de Melide

O Xacobeo trae a Melide accións formativas para a hostalería no Camiño

12/10/2016. O 24 de outubro en ASETEM a Escola Itinerante de Turismo vai realizar unha acción formativa denominada "Atención ao cliente nos restaurantes do Camiño" para os estabelecementos hostaleiros interesados en mellorar a súa atención ou aprender novas técnicas.

O vindeiro luns 24 de outubro na Aula de Formación de Asetem de Melide a Escola Itinerante de Turismo realizar unha acción formativa denominada "Atención ao cliente nos restaurantes do Camiño", de maneira totalmente gratuíta. Será necesaria facer a inscrición en https://docs.google.com/a/xacobeo.org/forms/d/e/1FAIpQLScb3iHxqHY4Vr0z-u5zJ6rI_9Jbo3jSIh1fYFd-Hw0qGbWjHA/viewform e calquera que queira información máis detallada poderá consultala no seguinte enlace http://www.cshg.es/index.php/es/consultoria-y-formacion/formacion-camino/sicted.

As accións formativas non quedan aí, xa que no mes de novembro, o día 14 as xornadas formativas proseguirán vaixo o título " A importancia da gastronomía galega na cultura xacobea e en Galicia" así como " O menú do peregrino como potenciador dos produtos autóctonos" que se celebrará o día 7.

Nos seguintes enlaces está toda a información ao respecto para todos aqueles interesados nestas actividades que se realizarán en Melide, presencialmente, para aprender e dar novos utensilios cos cales mellorar a hostalería a a atención ao peregrino no Camiño, fonte indudable de valor histórico, turístico e patrimonial de Melide.

Máis información para as xornadas de novembro nos seguintes enlaces:

"A importancia da gastronomía galega na cultura xacobea e en Galicia" http://www.cshg.es/index.php/es/consultoria-y-formacion/formacion-camino/importanciajacobea2

"O menú do peregrino como potenciador dos produtos autóctonos" (7 de novembro) http://www.cshg.es/index.php/es/consultoria-y-formacion/formacion-camino/menuperegrino

Foto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp