Novas

Máis novas do Concello de Melide

Programación cultural e deportiva en marcha no Concello de Melide

11/10/2016. As Escolas Deportivas e culturais de Melide arrancaron o pasado luns 3 de outubro cunha oferta variada con 13 modalidades distintas repartidas en distintas quendas, 23, ás que cómpre engadir a terceira idade, Bule con Alcer e as parroquias do rural.

As escolas deportivas e culturais do Concello de Melide arrancan como ven sendo habitual a principios de outubro. Son trece as modalidades deportivas ofertadas: fútbol sala, patinaxe artístico como nova iniciativa este ano, ballet, pintura, baile galego, pandeireita ou ximnasia nas parroquias do rural son algunhas das opcións de ocio deportivo que se poden escoller dende a concellería de cultura e deportes que dirixe a popular, Dolores Gómez.

Ademáis, dende o departamento de cultura se organiza un ciclo de cine de outono para os máis pequenos da casa, que xunto o ciclo de teatro organizado dende a Asociación sen ánimo de lucro, Charamela Teatro, complementa a perfección esa gama de actividades deportivas para os pequenos e maiores da casa. Pola súa banda, a alcaldesa de Melide, Dalia García, destaca a importancia de ter unha oferta deportiva e cultural adaptada para todas as idades para facer de Melide un pobo punteiro nas diferentes disciplinas deportivas e nas opcións culturais máis variadas e modernas.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp