Novas

Máis novas do Concello de Melide

O Conservatorio Municipal de Melide abre a programación de Entroido co concerto “Músicas do Mundo”

A maiores do concerto tamén se realizará unha pequena representación do contos musicados, unha actuación que tivo lugar hai un mes para os rapaces e rapazas dos tres colexios de Melide
ImaxeNova
08/02/2018. O Conservatorio de Música de Melide ofrecerá na xornada de mañá venres ás 20.30h da tarde na Casa da Cultura un concerto que levará por nome “Músicas do Mundo”.

O concerto percorrerá diferentes culturas do mundo a través das súas músicas cunha posta en escena “que non deixará a ninguén indiferente” explican dende o propio conservatorio melidense. Ao escenario subirase o alumnado do centro que abrangue idades moi dispares, sendo os máis pequenos de catro anos. Non só escoitaremos música, senón que tamén poderemos comprobar o bo facer do coro e gozar de diversos estilos musicais como o jazz, tangos, música africana, etc…

Trátase dunha actividade que dará paso á programación de Entroido en Melide que se completará cunha festa infantil o domingo pola tarde no edificio Multiusos e o concurso de disfraces que se celebrará no palacio de Congresos na tarde do martes 13 de febreiro.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp