Novas

Máis novas do Concello de Melide

Máis de 150 persoas reúnense en Melide no III Encontro de Bule con Alcer

07/11/2016. Na terceira edición do Encontro Bule con Alcer Galicia que se celebrou en Melide esta fin de semana asistiron a alcaldesa de Melide, Dalia García, o vicepresidente de Alcer Coruña, Carlos Iglesias así como a xefa territorial do SERGAS, Cristina Pérez.

Esta fin de semana Melide buliu de actividade con III encontro de Bule con Alcer en Galicia. Máis de 150 persoas deronse cita no Palacio de congresos de Melide para realizar actividades biosaudables que teñen como base fundamental aliviar doenzas de carácter crónico tanto a nivel óseo como psicosocial, actividade que se financia gracias á colaboración da concelleria de Benestar ao fronte da cal está a popular M.Jesús López Mourón.

Así as cousas, os participantes de Melide, un grupo moi númeroso, máis de 80 usuarios, xunto cos achegados doutros concellos da área de Santiago e de Coruña e a súa influenza, percorreron un tramo do Camiño de Santiago ao seu paso pola parroquia melidá de Furelos ademais de compartir xogos e un xantar de fraternidade co fin de compartir vivencias e experiencias relativas as enfermidades crónicas e aprender a convivir con elas.

Para a alcaldesa de Melide, Dalia García, quen estivo presente no acto xunto con parte do seu goberno, este tipo de ximnasia é moi demandada polos veciños e veciñas de Melide xa que axuda a equilibrar doenza e vida activa, o que é unha liña do goberno local, sempre apostado polo benestar da veciñanza. A xornada pechouse con baile e concursos de habilidades ata ben entrado o serán.

Foto de la noticia


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp