Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melide baixa o IBI dous puntos despois da regularización catastral do municipio

07/11/2016. O tipo impositivo do Concello melidá, a pesares de ser un dos equilibrados da comarca, pasará a partir do un de xaneiro de 2017 a un 0,48 o que supoñerá unha rebaixa no recibo da contribución para todos os veciños e veciñas de Melide.

O goberno local que preside a alcaldesa de Melide, Dalia García, aprobou hoxe en pleno cos votos favorables do PSOE a modificación da ordenanza do IBI, en dous puntos, o que supoñerá un descenso no recibo do ano 2017 neste concepto. O concelleiro de facenda, Luis Arias, quen expuxo a proposta de alcaldía manifestou que dado o esforzo dos veciños e veciñas de Melide ao terse realizado a regularización catastral, o goberno local prioriza o benestar e polo tanto propón esta baixada logo de terse regularizado un bo número de inmobles no municipio.

No pleno da corporación deuse conta de que o tipo impositivo de Melide é un dos máis baixos da comarca en comparación con concellos límitrofes como Santiso, Toques ou Sobrado así como doutros concellos da misma magnitude. A autonomía que respecto a este imposto ten o goberno local é limitada, xa que ten delegada a súa xestión na Deputación da Coruña e so pode modificar o tipo impositivo xa que o resto depende das leyes de catastro.

A alcaldesa de Melide recordou que supoñerá unha revisión a baixa no próximo recibo da contribución do ano 2017 de todos os veciños e veciñas de Melide, sendo conscientes de se trata dunha regularización obrigatoria que debería haberse realizado fai xa dez anos. O goberno local fai unha previsión prudente sendo prioritario para o mesmo seguir prestando servicios de necesidade en todos e cada un dos rincóns do Concello de Melide, non desbotando o paulatino descenso do tipo impositivo, que quedará fixado nun 0.48 aínda que a lei prevé unha orquilla máxima do 1,3 e unha mínima do 0,4.

Neste pleno, ademais se modificou a ordenanza de vehículos para adaptala ao estipulado pola Deputación da Coruña en canto a exención dos discapacitados así como a baixada interanual do IPC para a auga.



Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp