Novas

Máis novas do Concello de Melide

As parroquias de Melide celebran unha intensa Semana Santa chea de procesións e oficios relixiosos

A intensa programación da Unidade Pastoral de Melide comezará este Domingo de Ramos coa renovación dos votos dos cofrades da Cofradía de la Soledad e a imposición de escapularios aos que se incorporan. Haberá 3 procesións.
SemanaSantaMelideWebp
07/04/2017. A vila de Melide encherase nos próximos días de multitude de actos coa intensa programación de Semana Santa. Organizada pola Unidade Pastoral de Melide, os oficios relixiosos e procesións darán comezo o 9 de abril coa celebración da xornada de Domingo de Ramos e os actos estenderanse até o próximo Martes de Pascua, 18 de abril.

O Domingo de Ramos comezará con oficios nas parroquias de San Roque de Melide e Furelos ás 10.00 horas. Ás 11 da mañá, será a quenda das parroquias de Melide, Vimianzo e Santa María. Ás 12.00 horas, procederá á Bendición de Ramos en Melide e haberá unha misa en Meire. Ás 13.00 horas ofrecerase outra Eucaristía por esta xornada en O Leboreiro (cancélase a misa das 13.00 horas en Melide).

Xa pola tarde, ás 19.00 horas, terá lugar a celebración do Sacramento da Penitencia en Melide. Un acto que dará paso, ás 20.00 horas, á misa. Nela procederase á renovación dos votos dos cofrades da Cofradía de la Soledad e á imposición de escapularios aos que se incoporan.

Os oficios continuarán o Martes Santo (11 de abril) cunha misa en Melide ás 20.00 horas. Posteriormente, ás 20.30 horas, procederase á celebración do sacramento da Penitencia na igrexa parroquial melidense. O Mércores Santo (12 de abril), desenvolverase a Unción de enfermos en Melide á que seguirá unha misa. Finalizarán os oficios desta xornada coa celebración do Sacramento da Penitencia.

Os días máis intensos desta Semana Santa serán o Xoves e o Venres Santos. Así, o 13 de abril, os oficios relixiosos comezarán ás 10.30 horas coa celebración dos Sacramentos da Penitencia e Unción de enferos na parroquia de Santa María. Ás 12.00 horas, celebrarase o Sacramento da Penitencia en Melide. Pola tarde, ofrecerase nas parroquias de Melide e Cazallas a Misa da Cea do Señor a partires das 19.00 horas. Finalmente, ás 21.00 horas terá lugar en Melide a Hora Santa.

O Venres Santo (14 de abril) iniciarase ás 09.00 horas coa saída da procesión do Perdón e Rezo do Vía Crucis en Melide. Ás 10.00 horas, celebración do Sacramento da Penitencia en Melide. Ao comezo da tarde, haberá oficios en Santa María (16.30 horas) e en Furelos (17.00 horas).

O acto central desta xornada será a procesión do Santo Enterro en Melide ás 18.00 horas. A continuación, ofreceranse oficios relixiosos nas parroquias de Cazallas (19.00 horas) e Melide (19.30 horas). Finalizarán as celebracións do Venres Santo coa procesión da Virxe da Soidae en Melide a partires das 21.00 horas. No Sábado Santo, a parroquia de Melide acollerá a Vixilia Pascual ás 21.00 horas, ao igual ca o resto das parroquias.

Pola súa banda, o Domingo de Pascua encherase de misas con bendición de auga e de pan. Comezarán ás 10.00 horas en San Roque de Melide e nos Ánxeles, para continuar nas parroquias de Melide e de Os Ánxeles tanto ás 11.00 coma ás 12.00 horas. Ás 13.00 horas haberá misa solemne en Os Ánxeles e outra misa en Melide. Os oficios relixiosos continuarán ás 17.00 horas na parroquia de Santa María e finalizarán coas misas en Melide e nos Ánxeles ás 20.00 horas.

Concluirán as misas de Semana Santa o Luns Santo (17 de abril) cos oficios na parroquia de Os Ánxeles ás 10.00, 11.00, 12.00 e 20.00 horas. Haberá unha misa solemne nesta mesma parroquia ás 13.00 horas. Finalmente, o Martes Santo (18.00 horas) concluirán as celebracións cunha misa ás 12.00 horas en Os Ánxeles adicada aos cofrades difuntos.
Podes consultar o díptico do programa na sección de axenda desta páxina web.


Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp