Novas

Máis novas do Concello de Melide

O Concello de Melide aprobará unha proposta en Pleno para a adhesión á declaración sobre o día Internacional da Muller

Entre os asuntos que se tratarán no Pleno de mañá, o Concello de Melide aprobará a proposta de alcaldía para que Melide se adhira á declaración sobre o día Internacional da Muller
ImaxeNova
07/02/2018. O Concello de Melide quere reafirmar o seu compromiso sobre a plena integración das mulleres en todas as esferas da vida, un compromiso que tal e como apuntan “ é imprescindible para conseguir un obxetivo de crecemento progresivo, solidario, igualitario e sostible na defensa da Igualdade Social, laboral, salarial entre homes e mulleres”. Aínda que se ten avanzado moito neste ámbito, apuntan que “queda moito por traballar para conseguir unha igualdade efectiva”.

Para expresar o compromiso na defensa da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, levarán a Pleno unha proposta para a adhesión á declaración sobre o día Internacional da Muller. É así, que na xornada de mañá xoves, durante o Pleno instarase a que os tres grupos políticos con representación no concello melidense se adhiran a esta declaración e ao mesmo tempo tamén pedirán a todas as adminsitracións públicas a que sigan traballando e que poñan en marcha políticas precisas para a erradicación de toda clase de desigualdades.

Dende o Concello de Melide, concretamente dende a concellería de Igualdade e Benestar, traballan a reo para dar a coñecer cales serán as actividades que se poñerán en marcha para celebrar o día da Muller Traballadora, o vindeiro 8 de marzo. Recordan que ao longo de todo o ano realizan actividades que fomentan a igualdade entre os máis novos, xa que entenden que é un sector que “ao ser o futuro é necesario traballar determinados valores para conseguir unha sociedade máis xusta e igualitaria”.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp