Novas

Máis novas do Concello de Melide

A Asociación da Hostalería de Melide repartirá 3.500 euros en premios este Entroido

O Concello de Melide colabora coas actividades da Asociación da Hostalería de Melide instando sempre a un ocio responsable por parte dos veciños para que os festexos poidan levarse a cabo de xeito cívico para toda a veciñanza
ImaxeNova
07/02/2018. A Asociación da Hostalería Melide Móvese organiza para esta próxima fin de semana un concurso de Entroido que repartirá entre os gañadores un total de 3.500 euros en premios.

Trátase dunha actividade que se organiza dende este colectivo melidense co obxetivo de que o Entroido que se celebra no cerne de Galicia sexa un dos máis afamados na contorna en cando á marcha nocturna se refire.

Para poder participar neste concurso de disfraces, os interesados terán que visitar todos os locais que forman parte desta iniciativa antes das 5.30h da mañá. Ao seu paso polos diferentes locais recibirán unha votación que será decisiva para o seu triunfo ou non. Os premios entregaranse ás 6h da mañá.

Dende o Concello de Melide animan a todos os veciños e veciñas a participar nas festas do Entroido ao mesmo tempo que instan á veciñanza e a veciños a gozar dun ocio nocturno de maneira cívica e responsable.
Premios
Haberá un total de catro premios que se repartirán en dúas categorías. A primeira de grupos e comparsas terá unha dotación de 2000 euros para o primeiro clasificado e de 1000 euros para o segundo. Na cateogría de individuais e parellas o importe para o primeiro premio será de 300 euros e para o segundo de 200 euros.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp