Novas

Máis novas do Concello de Melide

Aforo para máis de 500 persoas coa apertura da segunda planta da Casa da Cultura de Melide

A alcaldesa de Melide, Dalia García, acompañada de membros do seu equipo visitou a nova planta, comprobando de primeira man a amplitude e disponibilidade que ten este auditorio para Melide
CasaCultura2PlantaConcelloMelidep 06/10/2017. A Casa da Cultura de Melide ten xa rematada a súa segunda planta. Así, o constataba Dalia García, alcaldesa de Melide, quen realizaba na mañá de hoxe unha visita á instalación para dar por finalizadas as obras desta fase que incrementou o seu aforo en máis de 150 butacas.

A obra realizada recentemente na Casa da Cultura consistiu na adecuación da segunda planta que estará operativa soamentes para aqueles eventos nos que se necesite un gran aforo así como tamén na colocación de infraestrutura necesaria para luces. "A segunda planta da Casa da Cultura está xa rematada para poder ser utilizada", afirmaba a rexedora durante a súa visita ao que engadía que "aínda estamos realizando algunhas melloras máis no eido do equipamento escénico que unha vez rematadas dotarán a Melide dunha Casa da Cultura cunhas características similares aos grandes auditorios das cidades".

As obras desta última fase da Casa da Cultura de Melide tiveron un orzamento de 151.684,35 euros.

Máis de 500 butacas
A planta baixa da Casa da Cultura de Melide conta na actualidade con 360 butacas, que en moitas ocasións quedábanse curtas para acoller a veciños e veciñas que participan nas diferentes actividades, proxeccións, pasarelas, que se levan a cabo durante todo o ano. Agora, coa segunda planta, súmanse un total de 150 butacas, o que dará cabida para máis de medio milleiro de persoas durante as actuacións se realicen na instalación.

Incremento de actividades
Na xornada de onte, rapaces do IES de Melide achegábanse á Casa da Cultura para asistir á charla-proxección do filme "El final del Camino". Será hoxe ás 20.30h da tarde cando o director e actor galego Rubén Riós e o seu equipo presenten o proxecto audiovisual "Vida" e "Máis ca vida". Mañá sábado, inaugurarase a VI edición do Ciclo de Teatro Afeccionado "Teatro no Camiño" que traerá á Casa da Cultura de Melide todas as fins de semana de outubro representacións teatrais.

A alcaldesa de Melide, Dalia García, adiantaba que "a falta duns pequenos detalles, a Casa da Cultura xa está totalmente rematada para poder facer uso dela na súa totalidade, polo que xa estamos traballando para que no último trimestre do ano conte con moita actividade".

Sala de exposicións
Aínda que o máis utilizado da Casa da Cultura é o auditorio, a instalación tamén conta cunha ampla sala de exposicións que periódicamente se abre ao público para expoñer dieferentes mostras pictóricas, fotográficas, escultóricas, etc...

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp