Novas

Máis novas do Concello de Melide

O programa Son Emprendedor mellorará a empregabilidades dos menores de 30 anos na vila

A alcaldesa de Melide, xunto coa concelleira de Traballo e a técnica de emprego mantiveron unha xuntanza de traballo con Rosa Corral, coordinadora do programa
ImaxeNova
05/02/2018. Dalia García, alcaldesa de Melide e Rosa Corral, a coordinadora do programa Son Emprendedor, mantiveron hai uns días unha xuntanza de traballo para marcar as liñas básicas da iniciativa de apoio aos mozos desempregados que se poñerá en marcha en Melide neste mes de febreiro. Corral e García, estiveron acompañados pola concelleira de Traballo do Concello de Melide, María Jesús López e a orientadora laboral local, María José Ferro.

A presentación para os interesados do Son Emprendedor en Melide terá lugar na aula CEMIT situada no edificio Multiusos da vila ás 11h mañá martes 6 de febreiro. As persoas interesadas en recibir máis información poden poñerse en contacto co servizo de Orientación Laboral do Concello de Melide.

O programa Son Emprendedor pretende facilitar novas ferramentas para a búsqueda de emprego, promover o hábito de rutina diario para desenvolver exitosamente a procura de emprego, xerar unha rede de contacdtos para dar visibilidade a carreira profesional, en definitiva, mellorar e impulsar a empregabilidade dos máis novos. O único requisito para poder formar parte deste proxecto é ser menor de 30 anos e estar inscrito no Sistema de Garantía Xuvenil.

Son Emprendedor levarase a cabo durante tres meses en Melide e os participantes terán durante os dous primeiros meses dez sesións de formación grupal alterna, non todos os días, onde se darán a coñecer contidos directamente relacionados con recursos e técnicas de mellora na búsqueda de emprego e os principais indicadores para analizar a viabilidade dun proxecto de empresa.

O programa forma parte das iniciativas da red Araña, entidades polo emprego, das Cámaras de Comercio, da Fundación Incyde e conta co apoio do Fondo Social Europeo así como tamén coa colaboración do Concello de Melide.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp