Novas

Máis novas do Concello de Melide

Comeza unha nova edición de Bule Melide

A alcaldesa de Melide, Dalia García, e a concelleira de Igualdade e Benestar, María Jesús López, deron a benvida aos participantes deste ano
ImaxeNova
05/02/2018. O Concello de Melide, dende a súa concellería de Igualdade e Benestar, pon en marcha unha nova edición do programa de ximnasia adaptada ás persoas con enfermedades crónicas, que este ano como novidade pasará a denominarse Bule Melide.

Na xornada de hoxe, Dalia García, alcaldesa da vila e María Jesús López, concelleira de Igualdade e Benestar do Concello de Melide, presentaron unha nova edición do programa Bule Melide na aula de conferencias do edificio Multiusos no que este ano participan un centenar de veciños e veciñas.

A rexedora melidense, deu a benvida a todos os veciños e veciñas que este ano decidiron volver a formar parte do programa Bule Melide, iniciativa dirixida a persoas con enfermedades crónicas que necesitan tratamentos personalizados que se adapten as súas patoloxías para mellorar no seu día a día.

García engadía que “dende o Concello de Melide traballamos moito para garantizar o benestar dos nosos veciños en tódolos ámbitos, debido ao éxito que ten este programa que cada ano conta con máis participantes, ano tras ano vémosnos na obriga de organizar esta actividade. Son os propios veciños os que nos contan as melloras nas súas enfermidades crónicas que padecen grazas ao programa Bule”.

Bule Melide, que así pasa a denominarse o antigo Bule con Alcer, pasa a ser financiado e organizado completamente dende as instalacións municipais, de aí o cambio do seu nome. Esta actividade é a que máis éxito ten das que se organizan dende a concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Melide e na que participan cada ano preto dos cen veciños e veciñas. A actividade organízase dous días en terra, con accións en aula e un día en auga, con diferentes exercizos na piscina municipal climatizada. A maiores das actividades específicas os participantes tamén realizan diversas saídas ao longo do ano así como acuden a charlas informativas sobre temas que teñen que ver coa súa saúde, mellorando así a súa calidade de vida. O programa levarase a cabo ata o mes de decembro.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp