Novas

Máis novas do Concello de Melide

Melchor, Gaspar e Baltasar chegarán mañá a Melide

A cabalgata de Reis terá lugar na tarde de mañá venres na vila e contará con animación de rúa previa á chegada das tres maxestades
CartelCabalgataReisMelide2018p
04/01/2018. Melchor, Gaspar e Baltasar, chegarán mañá a Melide. Esta visita está prevista que se produza en Melide ás 18h da tarde que será cando a cabalgata da vila parta do pazo de Congresos e realice un percorrido polas rúas do casco urban, dirixíndose aos Tronos Reais para poder recibir a todos os nenos e nenas na igrexa parroquial.

Con anterioridade á cabalgata, Melide contará cunha actuación de rúa que leva por nome “O mundo do circo” onde diversos zancudos, malabaristas, monociclos e paiasos amenizarán con música aos veciños e veciñas para facer máis amena a chegada dos Reis Magos.

Pendentes da choiva para recibir aos Magos
Dende o Concello de Melide informan a todos os veciños e veciñas da vila que a actuación do grupo de animación e a recepción dos nenos e das nenas por parte dos Reis Magos terán lugar no pazo de congresos as mesmas horas no caso de choiva. Polo tanto, fan un chamamento especial á veciñanza para que estén atentos ás diferentes redes sociais do concello así como tamén á radio municipal, onde xa mañá venres se confirmará o lugar de recepción dos Reis Magos. Sempre que o tempo o permita Melchor, Gaspar e Baltasar realizarán o seu percorrido habitual cheo de maxia e ilusión polas rúas melidenses.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp