Novas

Máis novas do Concello de Melide

O melidense Dani Polo, Premio Nacional de Maxia

O XXXV Congreso Nacional de Maxia celebrouse en Manresa entre o 28 de xullo e o 2 de xullo. O xoven melidense estrena neste mes de xullo un espectáculo de hipnosis.
DaniPoloConcelloMelidep 03/07/2017.O mozo ilusionista melidense Dani Polo, de 19 anos de idade vén de recibir no XXXV Congreso Nacional de Maxia celebrado en Manresa entre o 28 de xuño e o 2 de xullo, un premio na categoría de Maxia Xeral. A maiores deste premio, o mago de Melide recibiu tres recoñecementos máis: o premio ABANO (Club Máxico Italiano), o premio FEAP (Club Máxico de Francia), e o premio FLASOMA (Federación Latinoamericana de Sociedades Máxicas), converténdose así no mago máis premiado no recenté Congreso Máxico Nacional e que o levará a actuar co seu número premiado en Francia, Italia e Brasil, abríndose así as portas do mercado internacional.

Dani Polo conseguiu facerse co xurado cun número de maxia xeral baseado na manipulación de sombrillas de varios tamaños, número co que pechou a última Gala de Maxia celebrada na Casa da Cultura de Melide.

Dani Polo está considerado como un dos magos con máis proxección dentro do panorama nacional e é avalado polos seus numerosos premios.

Dani Polo está considerado como un dos magos con maior proxección do panorama nacional e iso é avalado polo seus premios. Comezou no mundo da maxia con 9 anos de mans do tamén ilusionista lucense o Mago Rafa.

Espectáculo de hipnosis
O mago melidense estrenará espectáculo de hipnosis o vindeiro día 23 de xullo en Santa Cristina, A Coruña. Baixo o nome de ”ZZZ, viajarás más allá de tu mente”, o mozo de Melide ofrecerá unha xornada de hipnotismo o venres 21 de xullo con entrada gratuita no local Bitácora, a partir das 23h da noite.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp