Novas

Máis novas do Concello de Melide

Milleiros de moteiros participan na V Concentración dos Milli Riders na vila

Durante tres días a vila de Melide foi o centro da movida moteira que tivo o seu principal escenario no Cantón de San Roque. Cé Orquestra Pantasma, Los Vagos de Lalín e os Mojinos Escocíos puxeron a banda sonora ao evento.
MilliRidersConcelloMelidep 03/07/2017. Un ano máis e con este xa van cinco, Melide converteuse a pasada fin de semana nunha vila moteira. Milleiros de persoas chegadas dende toda a xeografía galega e de parte do territorio nacional, achegáronse ata o cerne de Galicia para poder participar de todas as actividades que a Asociación Moteira Milli Riders organizaba dentro da programación da concentración moteira que leva o nome da asociación.

O venres era o día da recepción dos participantes que se daban cita no Cantón de San Roque, o encargado de poner a música era Cé Orquestra Pantasma.

Sen dúbida, o día forte da concentración Milli Riders, celebrouse o sábado onde xa dende pola mañá cedo a vila melidense encheouse de actividade moteira. O pequeno Yael, motorista de sete anos de idade, sorprendeu ao público coa súa exhibición na rúa Gaiteiros os Garceiras. Pola tarde e pola noite, foi a quenda do portugués Paulo Martinho e o catalán Narcis Roca, que se mediron en duelo na explanada do Campo da Feira cun público moi entregado. Por outra banda, a actuación nocturna de Paulo Martinho fixo as delicias dos alí presentes. A música puxo o punto final á xornada do sábado con Los Vagos de Lalín e o concertó estrela de Los Mojinos Escozíos, que reuniu no Cantón de San Roque a milleiros de persoas que cantaron as cancións do coñecido grupo andaluz.

O domingo, último día da V Concentración Milli Riders en Melide, os participantes realizaron unha ruta polas estradas da Comarca da Terra de Melide e compartiron unha comida de confraternidade.

Dende a Asociación Milli Riders destacan a alta participación que se incrementa cada ano que pasa e a boa acollida que ten por parte da veciñanza melidense que se achegan en masa ao Cantón de San Roque para gozar do mundo das motos.

Pola súa banda, a rexedora melidense, Dalia García amosaba o seu orgullo por poder contar en Melide con asociacións tan activas que “fin de semana tras fin de semana organizan eventos que traen a Melide a xente chegada de todos os lugares e que sen dúbida repercute no turismo e na economía da vila e axuda a dinamizar as actividades culturais na nosa vila”.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp