Novas

Máis novas do Concello de Melide

Masiva asistencia á San Silvestre melidense, organizada polo clube deportivo A.D. Cerne

As rúas do casco vello enchéronse de corredores de todas as idades que se sumaron a esta iniciativa solidaria co fin de recoller alimentos que foron posteriormente doados a Cáritas Parroquial Melide.
Foto de la noticia
03/01/2017. A San Silvestre melidense é xa unha cita tradicional do último día do ano. Desta vez a asociación organizadora brindou esta carreira a unha causa solidaria, a recollida de alimentos para aqueles que máis o necesitan, contribuíndo a engrosar a despensa, nunca suficiente, de Cáritas Parroquial Melide, quen foi a encargada de recoller os alimentos recolectados.

A iniciativa suma cada ano máis adeptos, sendo a edición adulta e a edición enfocada aos máis cativos, menores de dez anos, progresivamente máis numerosa, dada a gran aceptación que ten na vila tanto calquera tipo de iniciativa solidaria como o que é a propia carreira polas rúas do casco antigo de Melide.

Compartir:   Compartir Facebook Compartir Twitter Compartir Google+ Compartir Linkedin Compartir Whatsapp