- Novas
- Axenda
- Perfil de contratante
- Convocatorias
- Avisos e bandos
- Ordenanzas
- Melide en imaxes
- Facturación electrónica
- Pago provedores
Novas
Máis novas do Concello de Melide
O Pleno de Melide dá luz verde a inscripción rexistral
dunha finca necesaria para a construcción do Centro de Saúde
O goberno local vén de aprobar cos votos favorables do PSOE
e a abstención do BNG a inscripción no inventario de bens municipais unha
finca lindante coa dúas actualmente xa inventariadas para a cesión ao SERGAS
de todos os terreos
03/01/2017. O pasado 30 de decembro o pleno municipal deu luz verde a
inscripción rexistral da finca que quedaba para a cesión posterior dos
terreos totais ao SERGAS que suman un total dunha parcela próxima aos 5.000
metros cadrados. Con este trámite dáselle luz verde a inscripción no
inventario de bens da corporación municipal melidense dita finca, un exceso
sobrante, unha vez descontados os viais, do que foi a finca orixinaria, duns
10.000 metros cadrados, cedida nos ano 70 ao consistorio melidense para a
construcción de infraestruturas educativas.
Aínda que faltan máis trámites por levar adiante, o certo é que o goberno
local de Dalia García expuxo no pleno municipal a importancia de ceder as
tres fincas ao organismo autonómico e non facelo de maneira escalonada para
que, unha vez rematado o proceso de redacción técnica do proxecto poidan
iniciarse os trámites de execucción dos 450.000 euros que a Xunta de Galicia
orzamenta este ano para levar adiante unha parte importante do Centro de
Saúde de Melide. Cos votos favorables do grupo do PP, PSOE e abstención do
BNG, deuselle luz verde para levar a cabo este trámite que leva aparellado
outros posteriores para a cesión total deste patrimonio á Consellería de
Sanidade.